Buscar este blog

viernes, 19 de junio de 2020

DESPEDIDA CURSO.


Meus nenos e nenas:

Chega súa fin este curso tan raro sen podermos facer unha despedida cara a cara, pero non podía deixar de desexarvos un moi bo verán e felicitarvos a todos por ser tan aguerridos na loita contra o COVID.

Como é o último día déixovos unha check list (descargade a imaxe ou facede a vosa versión) con ideas para aproveitar o verano, despois de estar tanto tempo pechados, lembrade que unha das cousas que máis botamos en falta os adultos é a infancia, así que aproveitádea a tope.

De cara a semana subirei técnicas de estudo que vos poden servir para o ano que vén, non deixedes de botarlle unha ollada.

Vémonos pola vila, sede felices e bo verán.

Un saúdo. Noela Martino.





No hay comentarios:

Publicar un comentario