No deserto de Mauritania, un país de África, moita xente
é nómade e vive en
tendas. Os pobos nómades non viven sempre no mesmo lugar,
pois cada poucos meses trasladan a tenda uns cantos quilómetros máis alá e
instálanse alí durante un tempo,ata que se volven trasladar.
Chantan as tendas no medio do deserto, pero en zonas non
de todo áridas, nas que crecen algunhas plantas cheas de espiñas e mesmo
algunhas arboriña, tamén de espiñas, e tan pequena que debaixo só se cabe
deitado. Iso permítelles recoller unha pouca leña para cociñar e quentarse pola
noite.
En cada tenda vive unha soa familia, formada polo pai, a
nai e uns cantos fillos,
tres ou catro como mínimo. Os veciños máis achegados
viven moi afastadas, sobre todo se pensamos que só se poden desprazar a pé ou
camelo; poden estar a cinco quilómetros, aproximadamente.
A estrutura da tenda é moi sinxela: non hai paredes, nin
dormitorios, nin cociña,
nin lavabo; é só un espazo máis ou menos delimitado por
unha gran tea branca de algodón, moi grosa e resistente, colocada enriba dun
tronco enorme que se crava na area. A tea estírase por diversos puntos para que
aguante. Neste espazo é onde de noite dorme toda a familia, ben abrigada con mantas,
e tamén ó mediodía se deitan para se refuxiaren dos efectos abrasadores do sol.
Arredor de cada tenda pódense ver cabras e camelos, que
son os únicos bens que posúe a familia: proporciónanlles leite e carne para se
alimentaren, e tamén os poden cambiar na aldea por gran e por outros produtos
básicos.
De feito, as cabras poden atoparse a miúdo dentro da
tenda, porque elas mesmas escapan do sol coma poden.
PREGUNTAS DE COMPRENSIÓN
LECTORA.
1. Escolle o tema do texto entre os seguintes.
_ Por que hai nómades no deserto.
_ Como son as tendas dos nómades.
_ Que animais viven no deserto.
2. Numera (de 1-4) segundo a orde en que se dan estas
informacións no texto.
_ Quen vive nunha tenda.
_ Como é a estrutura dunha tenda.
_ Que bens ten cada familia.
_ Onde se atopan as tendas.
3. Completa.
As tendas nómades atópanse en
________________________________
A estrutura é
______________________________________________
Na tenda viven
______________________________________________
Arredor de cada tenda pódense ver ____________________________
4. Busca no dicionario as seguintes
palabras.
Nómade:
Chantar:
Oasis:
Espellismo:
Alacrán:
PREGUNTAS DE COMPRENSIÓN LECTORA. SOLUCIÓNS
ResponderEliminar1. Escolle o tema do texto entre os seguintes.
_ Como son as tendas dos nómades. O texto explica a estrutura e a forma de vida asociada as tendas dos nómades.
2. Numera (de 1-4) segundo a orde en que se dan estas informacións no texto.
1. Onde se atopan as tendas.
2. Que vive nunha tenda.
3. Como é a estrutura dunha tenda.
4. Que bens ten cada familia.
3. Completa.
As tendas nómades atópanse en África, no país de Mauritania.
A estrutura é moi sinxela, é un espazo delimitado por unha tea de algodón colocada enriba dun tronco enorme que se que crava na area.
Na tenda viven o pai, a nai e os fillos.
Arredor da cada tenda pódense ver os bens da familia, que soen ser cabras e camelos.
4. Busca no dicionario as seguintes palabras.
Nómade: Que non ten morada nin establecemento fixo [pobo, persoa, animal].
Chantar: 1. Introducir [un obxecto rematado en punta] nun corpo, nunha superficie. 2. Afundir [os pés, as patas, as rodas...] nunha superficie branda. 3. Facer presión sobre [un corpo] contra un obxecto aguzado, de xeito que este quede introducido naquel. 4. Introducir involuntariamente [un obxecto rematado en punta] nunha parte do corpo. 5. Dar, dicir etc., [algo] a alguén dunha maneira brusca ou inesperada. 6, Fixar [algo] nun sitio.
Oasis: Lugar con auga e vexetación no medio dun deserto.
Espellismo: Fenómeno óptico propio de rexións cálidas e desprovistas de vexetación debido á refracción da luz, que provoca a visión invertida de obxectos onde non están, coma se se reflectisen na auga.
Alacrán: Arácnido dotado de pulmóns e de abdome longo dividido en seis segmentos e rematado nun aguillón co que pica e polo que inocula veleno, do que existen varias especies.