Buscar este blog

martes, 2 de junio de 2020

COMENZAR A CASA POLA SAUNA. (Comprensión lectora e exercicios)


COMENZAR A CASA POLA SAUNA

Nalgúns países do mundo as casas teñen unha estrutura diferente da que teñen aquí. En Finlandia, por exemplo, vai moitísimo frío, e iso condiciona moito o xeito de vivir e o equipamento das casas.

Na maioría das casas de Finlandia hai unha sauna. Unha sauna é unha cabana de madeira cun banco para sentar e unha estufa, que serve para tomar unha especie de baños de vapor. É moi importante para os finlandeses, xa que para eles é un método tradicional para lavarse e asemade purificar a pel. Por iso, é o primeiro que constrúen dunha casa. O seu uso constitúe case un ritual que consta de diversos pasos.

En primeiro lugar, os finlandeses toman un baño de vapor dentro da sauna,
sentados no banco e sen roupa. O vapor obtense fervendo auga na estufa ou ben vertendo auga sobre unhas pedras moi quentes. Os baños de vapor fan suar moito. De xeito que, a través da pel. Se expulsan tódalas substancias impuras do corpo.

A continuación dúchanse en auga ben fría, que previamente colleron en caldeiros dun río ou dunha fonte. A auga é un estimulante porque activa a circulación do sangue.

Despois, dan unha masaxe con ramallos de bidueiro por que fregar os poros da pel coas ramas favorece que se súe máis.

A seguir, Báñanse con xabón en auga quente, que tamén teñen nun caldeiro. A quentura ten efectos sedantes, para afrontar con valentía o derradeiro paso.

Finalmente, envorcállanse na neve á beira da sauna. Pensa que en Finlandia fai moito frío e a neve cobre todo durante moitos meses do ano. Con todo, este paso case non se dá. Sobre todo nas cidades.
Nalgúns países hai saunas de vapor de auga quente coma as finlandesas, pero a xente non segue todo o ritual, xa que  non acaban de envorcallándose na neve! Nos países cálidos non hai saunas nas casa, pero si hai en moitos ximnasios; a diferenza é que se empregan para adelgazar e para relaxarse.


PREGUNTAS DE COMPRENSIÓN LECTORA.
1. Marca que se explica no texto.

o A orixe da sauna.
o Como se practica a sauna
o Quen practica a sauna.

2. Fai un resumo do texto.
____________________________________________________________
____________________________________________________________
____________________________________________________________
____________________________________________________________

3. Escribe un texto sobre as actividades de cada día nun balneario. Coñeces ou fuches algunha vez a un?
____________________________________________________________
____________________________________________________________
____________________________________________________________
____________________________________________________________

4. Escribe o artigo que conveña para que concorde en xénero e número co substantivo.
____ augas limpas
 ____ radio galega
____ mapas mudos
_____ aulas baleiras
____ mel saboroso
____ sangue vermello
____ paisaxes verdosas
____ nariz pequeno
____ mesas altas
 ____ leite fervido

1 comentario:

  1. PREGUNTAS DE COMPRENSIÓN LECTORA. SOLUCIÓNS.
    1. Marca que se explica no texto.
    o Como se practica a sauna. No texto descríbense os pasos a dar para ter a experiencia dunha auténtica sauna finlandesa.

    2. Fai un resumo do texto.
    A diferenza do noso país, en Finlandia as maioría das casas teñen sauna xa que é un método tradicional de hixiene para eles. Os pasos para o uso da sauna son: tomar un baño de vapor, ducharse en auga ben fría, masaxearse para limpar os poros, bañarse con auga quete e envorcállarse na neve.
    A sauna finlandesa extendeuse ao redor do mundo aínda que non é un método de hixiene, se non un método para relaxarse e adelgazar.

    3. Escribe un texto sobre as actividades de cada día nun balneario. Coñeces ou fuches algunha vez a un?
    Actividades nun balneario (Ideas para que escribades o texto) Saunas, jacuzzi, piscina termal, chorros relaxantes, masaxes, tratamentos de beleza, tratamentos para a saúde, fangos…
    Un balneario que temos preto é o de Cuntis.

    4. Escribe o artigo determinado que conveña para que concorde en xénero e número co substantivo.
    As augas limpas (artigo feminino, plural)
    A radio galega (artigo feminino, singular)
    Os mapas mudos (artigo masculino, plural)
    As aulas baleiras (artigo feminino, plural)
    O mel saboroso (artigo masculino, singular)
    O sangue vermello (artigo masculino, singular)
    As paisaxes verdosas (artigo feminino, plural)
    O nariz pequeno (artigo masculino, singular)
    As mesas altas (artigo feminino, plural)
    O leite fervido (artigo masculino, singular)

    ResponderEliminar