UNHA CASA CON PROBLEMAS
Unha noite a súa nai achegouse ata a cama da nena e
espertouna:
- Ven, é un espectáculo marabilloso. Non fagas ruído, para que non esperte papá.
Marta ergueuse e foi canda ela ata a terraciña. O ceo
estaba excepcionalmente nítido e víase, aínda sen telescopio, unha inmensa
cantidade de estrelas.
- Mira – díxolle Clara -. Agora teño enfocada a constelación de Orión. Verdade que é fermosa?
Marta mirou polo visor do telescopio. Tratou de ver
aquela constelación da que falaba a súa nai, pero só puido ollar unha gran
cantidade de estrelas espalladas polo fondo negro do ceo.
- Vexo estrelas, pero non sei a cáles lles chamas ti
Orión.
Clara, entón, prendeu a lanterna e debuxou nun papel a
forma que tiña a constelación.
- Xa a vexo ! Desta vez, si!- dixo Marta, ó cabo dun
pouco tempo.
A súa nai continuou localizando estrelas e constelacións
durante moito tempo. A iso das catro decidiron ir deitarse. A súa nai
acompañouna ata o cuarto e axudoulle a meterse outra vez na cama. Cando xa se
ía dixo:
- E a ver se mañá, cando te ergas, recoller os libros,
non me gusta nada que teñas todo así.
Marta mirou para a súa librería. Os andeis estaban case
baleiros e os libros aparecían todos tirados polo chan, esparexidos en
pequenos montóns. Pero Marta non fixera tal cousa. Estaba segura de que quedaran
ben colocados nos andeis cando se deitara. Cómo era posible que estivesen
agora no chan?
PREGUNTAS DE COMPRENSIÓN
LECTORA
1. Contesta.
Cal é o motivo polo que Clara levanta a Marta da cama?
___________________________________________________________
___________________________________________________________
Por que lle rifa a Marta a súa nai?
___________________________________________________________
___________________________________________________________
Como se chama a constelación que ían ver ?
___________________________________________________________
Con que aparello miran as estrelas?
___________________________________________________________
2. Pon verdadeiro ou falso nas seguintes oracións.
Marta espertou a súa nai para ver as estrelas.
O pai de Marta estaba durmindo.
Clara é a nai de Marta.
Marta tiña a habitación ordenada.
Viron as estrelas cun prismático.
3. Que farías ti se ves unha estrela fugaz.
________________________________________________________
________________________________________________________
________________________________________________________
________________________________________________________
SOLUCIÓNS.
ResponderEliminar1. Contesta.
¿ Cal é o motivo polo que Clara levanta a Marta da cama?
Clara, a nai de Marta, quería ensinarlle as constelacións.
¿Por que lle rifa a Marta a súa nai?
Por ter os libros tirados polo chan.
¿Como se chama a constelación que ían ver ?
A constelación de Orión.
Co que aparello miran as estrelas?
Cun telescopio.
2. Pon verdadeiro ou falso nas seguintes oracións.
Marta espertou a súa nai para ver as estrelas. Verdadeiro.
O pai de Marta estaba durmindo. Verdadeiro.
Clara é a nai de Marta. Verdadeiro.
Marta tiña a habitación ordenada. Falso.
Viron as estrelas cun prismático. Falso.
3. Que farías ti se ves unha estrela fugaz.
(Resposta libre). O máis común é pedir un desexo, e se non llo dis a ninguén este cumprirase. Sabes o que é unha estrela fugaz? Pois son Meteoros, no seu uso astronómico, é un concepto que se reserva para distinguir o fenómeno luminoso que se produce cando un meteoroide atravesa a nosa atmosfera. É sinónimo de estrela fugaz, nome impropio, xa que non se trata de estrelas.