Buscar este blog

jueves, 28 de mayo de 2020

FÁBULA: A RAPOSA E AS UVAS (Texto de comprensión lectora e preguntas)


Había unha vez unha raposa que estaba morta de fame. Levaba tempo de arriba para abaixo buscando algunha cousa para matar o bicho cando foi parar a unha viña espléndida. As vides estaban  emparradas e un acio colgaba, maduro e tentador, por enriba da súa cabeza.

- Agora si que sacarei barriga de mal ano!

Estirou o fuciño aguzado e probou. Pero estaban demasiado altos e non os puido tocar.

Despois foise cara atrás para coller impulso e dar un gran salto.

E deuno, e saltou…, pero non lle foi abondo: a uva nin sequera lle rozou os
dentes.

Pobre raposa, deu saltos e saltos e saltos!
Pasado un bo tempo, a raposa resopraba; estaba rebentada e seguía tendo
fame.

Ergueu a cabeza, mirou para as uvas cun chisco de rancor e, finalmente,
levantando o morro, virou o rabo con moita dignidade e dixo:
 - Abofé  que podería fartarme se quisexe, pero, agora que me fixei ben, este acio aínda está ben verde e non vale nada!

ESOPO

A fábula é unha narración, xeralmente protagonizada por animais, que transmite unha ensinanza moral. Os animais que protagonizan as fábulas
compórtanse coma seres humanos, é dicir, o autor personificounos. Isto serve
para que as persoas se vexan representadas neles e aprendan algunha cousa da historia que 
protagonizan.



PREGUNTAS SOBRE O TEXTO.

1. Lee a fábula e responde estas preguntas.
Que calidades humanas che parece que ten a raposa?
___________________________________________________________
___________________________________________________________
Por que?
___________________________________________________________
___________________________________________________________
___________________________________________________________
Cales destas calidades cres que son defectos?
___________________________________________________________
___________________________________________________________
Cales son virtudes?
___________________________________________________________
___________________________________________________________

Que ensinanza nos fala esta fábula?
___________________________________________________________
___________________________________________________________
___________________________________________________________
___________________________________________________________
Que quere dicir con esta expresión
“ Podía fartarme se quixese pero están ben verdes e non valen nada”
___________________________________________________________
___________________________________________________________
___________________________________________________________
___________________________________________________________


2. Busca na lectura da raposa
Cinco sustantivos:............................................................................................................
Cinco adxetivos:..............................................................................................................
 Dous verbos (accións):....................................................................................................
Dous artigos indeterminados:...........................................................................................
Dous artigos determinados:...............................................................................................
Unha palabra da familia de palabras de soprar:..............................................................

1 comentario:

  1. SOLUCIÓNS PREGUNTAS SOBRE O TEXTO.

    1. Lee a fábula e responde estas preguntas.
    - Que calidades humanas che parece que ten a raposa?
    Teimosa, insistente, rancorosa, altiva, desertora.

    - Por que?
    Porque non se da por vencida ao principio no seu obxectivo, pero cando se decata que non é capaz rendese.

    - Cales destas calidades cres que son defectos?
    Rancorosa, altiva, desertora.

    - Cales son virtudes?
    Teimosa, insistente.

    - Que ensinanza nos fala esta fábula?Que quere dicir con esta expresión
    “ Podía fartarme se quixese pero están ben verdes e non valen nada”

    Quere dicir que a raposa tiña o obxectivo de conseguir os acios, intentouno de tódalas formas posibles pero non foron suficientes e en vez de aceptar a súa derrota é unha raposa altiva e prefire pensar que non o consigue porque non quere, polo que soamente se está enganando a si mesma.

    2. Busca na lectura da raposa (Nesta pregunta podes ter respostas distintas as miñas, se tes dúbidas sobre si está ben a túa resposta preguntamo)
    Cinco sustantivos: raposa, cousa, bicho, viña, vides.
    Cinco adxetivos: espléndida, emparradas, maduro, tentador, aguzado.
    Dous verbos (accións): Levaba (levar), sacarei (sacar)
    Dous artigos indeterminados: una, un
    Dous artigos determinados: as, o
    Unha palabra da familia de palabras de soprar: resopraba (resoprar)

    ResponderEliminar