A diversidade dos bosques é unha riqueza inestimable: neles vive máis da metade das especies de seres vivos. Cada parcela de bosque que desaparece pode significar a morte de moitas especies animais e vexetais.
Os bosques están ameazados polos incendios, polas enfermidades e pola chuvia ácida producida pola contaminación que mata árbores. Ademais, cada minuto desaparecen máis de vinte hectáreas a causa da decota e da corta de madeira con fins comerciais. En dez anos o bosque primario desaparecerá e será substituído por un bosque máis pobre en especies.
Os bosques inflúen sobre a formación de nubes e ventos e, en definitiva,sobre o clima. Producen osíxeno, protexen o solo e enriquéceno. Todos somos responsables da súa conservación.
EXERCICIOS.
1. Que feito trata no texto?
2. Que razóns dá o autor do texto para defender a necesidade de salvar os
bosques?
3.Copia a idea principal de cada parágrafo.
4.Que cousas crees que deberíamos facer para solucionar o problema?
5. Busca no dicionario as seguintes palabras.
INESTIMABLE:
DECOTA:
PARCELA:
ÁCIDA:
6.Divide as seguintes palabras en sílabas e rodea a sílaba tónica.
BOSQUE
TALAR
CONTAMINACIÓN
ÁRBORES
ANIMAIS
VEXETACIÓNS
ÁCIDA
PARCELA
MADEIRA
1. Que feito trata no texto?
ResponderEliminarA importancia dos bosques.
2. Que razóns dá o autor do texto para defender a necesidade de salvar os bosques?
• Neles vive máis da metade dos seres vivos.
• Inflúen sobre o clima.
• Producen osíxeno e protexen e enriquecen o solo.
3.Copia a idea principal de cada parágrafo.
1ºparágrafo:A diversidade dos bosques é dunha riqueza inestimable.
2º parágrafo: Os bosques están ameazados pola influencia humana.
3ºparágrafo: Os bosque inflúen no clima, producen osíxeno e todos somos responsables da súa conservación.
4.Que cousas crees que deberíamos facer para solucionar o problema?
Resposta libre.
5. Busca no dicionario as seguintes palabras.
INESTIMABLE: Moi apreciado, tanto que non se pode valorar materialmente.
DECOTA: Acción e efecto de decotar. Decotar: Cortar as pólas de [unha árbore] a rentes do tronco.
PARCELA: Porción de terreo que resulta de dividir unha superficie máis grande.
ÁCIDA: Relativo ou pertencente a un ácido ou que ten as súas propiedades.
6.Divide as seguintes palabras en sílabas e rodea a sílaba tónica.
BOSQUE: bos-que (tónica bos)
TALAR tal- lar (tónica lar)
CONTAMINACIÓN con-ta-mi-na-ción (tónica ción)
ÁRBORES ár-bo-re (tónica ár)
ANIMAIS a-ni-mais (tónica mais)
VEXETACIÓNS ve-xe-ta-cións (tónica cións)
ÁCIDA á-ci-da (tónica á)