Hoxe celébrase o Día da Terra, este ano está adicado as abellas e a súa labor nos ecosistemas terrestres.
Albert Einstein dixo: " Se a abella desaparecera da superficie do globo, ao ser humano quedaríanlle catro anos de vida."
Sabes por que son tan importantes as abellas? Búscao e déixamo nos comentarios!
E se hoxe, 22 de abril, Día da Terra, escollemos cada membro da familia unha frase e as escribimos nun mural e o colgamos na casa? Pode ser unha idea moi divertida e, sobre todo, moi ecolóxica!
Se non se che ocurre ningunha aquí che deixo algunhas:
-A Terra non é o noso planeta, é o noso fogar.
-O planeta pode vivir sen nós, pero nós non podemos vivir sen el.
-Ensinar a coidalo medio ambiente é ensinar a valorala vida.
Se queres saber máis sobre este día, a súa orixe e pasar un bo rato en Google poder atopar o Doodle sobre o día da Terra
No hay comentarios:
Publicar un comentario