1. Indica o grao en que se atopan os adxectivos seguintes:
- Contento : .................................
- Máis preguiceiro que:.................................
- Limpísimo: ..........................................
- frío, frío:.............................
- Menos honrado ca:.........................
2. Introduce as partículas comparativas que cumpran. Pon todas as posibilidades.
- É ......complexo.....pensas.
- Pedro é...............listo ............ti.
- Os teus rapaces son ............... traballadores..................meus.
- Gustaríame ....................ir a Madrid................a París.
- Os textos son..............fáciles .....................dixo.
3. Indica en que grao está o adxectivo de cada oración.
O doente está peor do que pensabamos. | ||
Antes da tormenta o ceo púxose negrísimo. | ||
Cando eu o vin xa era moi velliño. | ||
Os cans son os nosos amigos fieis. | ||
Lembro que non foi tan difícil como nos dicían. |
SOLUCIÓNS
ResponderEliminar1. Indica o grao en que se atopan os adxectivos seguintes:
Contento : positivo
Máis preguiceiro que:comparativo de superioridade
Limpísimo: superlativo
frío, frío:superlativo
Menos honrado ca:comparativo de inferioridade
2. Introduce as partículas comparativas que cumpran. Pon todas as posibilidades.
É ......complexo.....pensas. (menos/ca; máis/ca; tan/coma)
Pedro é...............listo ............ti. (menos/ca; máis/ca; tan/coma)
Os teus rapaces son ............... traballadores..................meus.(menos/cos; máis/cos; tan/coma os)
Gustaríame ....................ir a Madrid................a París. (menos/que; máis/que; tanto/como)
Os textos son..............fáciles .....................dixo.
(menos/do que; máis/do que; tan/coma)
3. Indica en que grao está o adxectivo de cada oración.
O doente está peor do que pensabamos. Peor do que= comparativo
Antes da tormenta o ceo púxose negrísimo. Negrísimo=superlativo
Cando eu o vin xa era moi velliño. Moi velliño= superlativo
Os cans son os nosos amigos fieis. Fieis= positivo
Lembro que non foi tan difícil como nos dicían. Tan difícil como= comparativo
Como os saíu?